O BNG considera que a sentenza sobre Kosovo "demostra que ninguén lle pode impedir a un pobo decidir o seu futuro"

Gonzalo Constenla

Santiago de Compostela, 23 de xullo 2010. O secretario de Relacións Exteriores e Emigración do BNG, Gonzalo Constenla, considera que a decisión da Corte Internacional de Xustiza da Haia de avalar a declaración de independencia do Goberno de Kosovo en 2008, que non foi recoñecida polo Estado español, “é un paso máis cara recoñecer e facer ver que os pobos teñen dereitos, que o pobo é quen máis ordena, e que ninguén lle pode impedir a ningunha colectividade humana que tome as rédeas do seu propio futuro”.

“Alegrámonos de que eses procesos de decisión da soberanía popular dos pobos son procesos democráticos e, polo tanto, máis tarde ou máis cedo acaban por facerse realidade”, subliñou.

Neste sentido, advertiu de que “resulta bastante curioso que o Estado Español apele constantemente a esa legalidade internacional, como fixo en 2008 para recoñecer a independencia de Kovovo, cando neste caso demóstrase que non respectou a legalidade internacional”.

Ademáis, o representante do BNG contrapuxo a sentenza da Haia sobre Kovovo “co que se está facendo co Estatut, no caso de Catalunya, pero que se pode facer con calquera outra nación do Estado español, que cando un Parlamento que representa á soberanía popular do pobo catalán demanda un maior autogoberno, nin sequera a independencia, a contestación que se dea dende o Estado español é que non e mesmo en termos regresivos”.

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]