Jorquera pide explicacións ao Ministerio de Interior polas directrices dadas aos gardas civís de tráfico que premian o afán recadatorio
Madrid, 31 Xullo 2010. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para peder explicacións ao Ministerio de Interior polas directrices dadas aos gardas civís de tráfico nas que se premia o afán recadatorio.
Explica Jorquera que a Agrupación de Tráfico da Garda Civil emitiu o pasado 22 de xullo as novas directrices para todos os gardas civís de tráfico. Nesas normas obviase o labor preventivo e prémiase o incremento de expedientes sancionadores cun claro obxectivo recadatorio.
O deputado do BNG recolle o malestar amosado polas asociación de Gardas Civís que consideran estas directrices un “auténtico atentado contra a súa profesionalidade”.
Puntúan máis as sancións de tráfico
No denominado “Resumo mensual de actividades individuais, asinado polo Xeneral Xefe da Agrupación de Tráfico, detállanse as puntuacións coas que hai que avaliar aos gardas civís de tráfico no exercicio das súas funcións. Os baremos seguidos “son cando menos chamativos e reveladores do que se persegue: unha maior recadación”.
Jorquera subliña o feito de que se puntúe cun punto o auxilio na estrada, mentras que recibe dous puntos a denuncia por infración á Lei de Seguridade Vial, cinco puntos a detención dun individuo ou nove puntos unha alcoholemia positiva, cando nen siquera se puntúan os labores de seguridade e prevención nas estradas”.
Por iso, o deputado do BNG pregunta ao Ministerio que criterios seguiu para realizar as puntuacións. “É consciente o Ministerio de que se estabelece un baremo que premia claramente o afán recadatorio? Cómo é posíbel que reciban tan baixa puntuación as actividades de auxilio, seguridade e prevención na estrada e tan alta puntuación as sancións?”.
Estas son algunhas das preguntas que o deputado do BNG dirixe ao Goberno.

