Guillerme Vázquez acada os 5.000 amigos en Facebook en pouco máis de dous meses



Santiago de Compostela, 24 Agosto 10. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, vén de acadar os 5.000 amigos no seu perfil de facebook nun tempo de pouco máis de dous meses.
O líder do BNG está presente nesta rede social dende o pasado 2 de xuño e acadou a cifra límite de amigos e amigas permitida no facebook neste mes de agosto.

En vista do éxito acadado en tan escaso período de tempo, a presenza do portavoz nacional nas redes sociais reforzarase en datas vindeiras cunha páxina en facebook que permitirá a adhesión de seareiros.

Guillerme Vázquez quixo agradecer a todos e todas os que se achegaron a el a través das redes sociais “o seu interese non tanto pola miña persoa, como polo proxecto nacionalista e o labor de todos e todas os que formamos o BNG”.

Cómpre lembrar que o portavoz nacional está tamén presente na plataforma Twitter.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]