O BNG ratifica a súa posición contra a reforma laboral e reclama unha rectificación aos medios de comunicación que afirman que se abstivo na Comisión de Traballo do Senado

O senador do BNG nin tan sequera é membro da Comisión de Traballo, polo que non puido votar neste debate

Santiago de Compostela,26 agosto, 2010
. Ante a publicación en diversos medios de comunicación nos que se afirma que “o Senado aproba a reforma laboral do Goberno, grazas á abstención entre outros grupos, do Bloque Nacionalista Galego”, esta forza política ratifica a súa posición CONTRA A REFORMA LABORAL.

Por outra parte, o BNG quer aclarar a súa ausencia da Comisión de Traballo celebrada onte no Senado, por non ser membro da mesma o que impide o exercicio do voto .

Sen embargo, o BNG presentou diversas emendas ao texto da reforma laboral que será debatida proximamente no Congreso dos deputados.

O BNG reclama que os medios de comunicación que publicaron “a abstención” desta forza política na Comisión de Traballo, rectifiquen esta información por ser contraria á posición política do Bloque Nacionalista Galego sobre a reforma laboral.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]