O BNG considera positivo o anuncio de ETA e agarda que sexa o principio da fin da barbarie terrorista

Santiago de Compostela, 5 Setembro 10. O Bloque Nacionalista Galego considera positivo o anuncio realizado hoxe por ETA e agarda que esteamos ante o principio da fin da barbarie terrorista en Euskadi.

O BNG fai votos por que a democracia sexa o procedimento que regule a vida social e política en Euskadi e, portanto, por que desapareza definitivamente a violencia.

A formación nacionalista agarda tamén que co silencio das armas se restitúan os dereitos políticos plenos a un sector da sociedade basca que, coa actual lexislación, non se atopa representado nas institucións democráticas.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]