Novas
O BNG preguntará no Parlamento Galego polas instalacións comprometidas para o vello hospital
Lugo, 14 de outubro de 2011. O Bloque levará ao Parlamento Galego unha iniciativa para que o PP aclare o futuro do edificio do vello Hospital Xeral e estableza prazos para a construción no edifico do Materno do Laboratorio de Saúde Pública, o centro de saúde e o PAC comprometidos [+]
O BNG esixe a Fomento que inicie as obras paralizadas na A-54
Lugo, 26 de xaneiro de 2012. Os nacionalistas advirten que “a paralización das obras da A-54 e a ralentización das da A-8 significa a perda de centos de postos de traballo e a ruína de negocios e autónomos lucenses”
O pleno da Deputación aprobará esta moción o vindeiro martes co apoio dos partidos de goberno [+]
O BNG quere que a creación da empresa municipal da auga repercuta en melloras para os cidadáns de lugo
Lugo, 20 de decembro de 2011. Os concelleiros nacionalistas votaron hoxe a favor de iniciar os trámites para a creación dunha empresa mixta con capital maioritario do Concello, que controlaría a toma de decisións
Paz Abraira explica que o proceso debe completarse coa análise dos informes técnicos que determinarán cal é a forma xurídica máis convinte para o Concello [+]
A asemblea local do BNG marca como criterios para os orzamentos municipais do vindeiro ano o mantemento do gasto social e os investimentos nos barrios
Lugo, 15 de decembro de 2011. A militancia nacionalista analizou hoxe os criterios xerais para as Contas do Concello de 2012
O responsable do BNG en Lugo, Xosé Lois Devesa, afirma que “non é momento de facer recortes,e moito menos en servizos básicos aos cidadáns” [+]
Antón Bao avoga pola eliminación do Defensor del Pueblo e do Valedor do Pobo
Lugo, 15 de decembro de 2011. Di que “se só se van adicar a atacar ao galego é moito mellor que non existan”
Considera “desproporcionada e desmesurada” a reacción do Defensor del Pueblo pedindo ao Concello de Lugo que emita os seus recibos en castelán “polo capricho dun único cidadán” [+]
O BNG preséntase como a única alternativa galega de esquerdas de cara ás eleccións do 20-N
Meira, 13 de novembro de 2011. O BNG informou na feira aos meiregos das súas propostas de cara as eleccións ao congreso dos deputados [+]

