Novas

  

Sigue ao BNG Narón no twitter...

 [+]


Vídeos do BNG Narón

Podes ver máis vídeos do BNG Narón na nosa canle no Youtube: http://www.youtube.com/bngnaron [+]


BNG critica a falla de previsión e de xestión do Goberno local

A decisión unilateral do goberno local de pechar a piscina e a imposibilidade de solicitar as axudas para o soterramento das liñas centran as críticas dos nacionalistas.

Narón, 6 de xullo de 2010.- a prensa local facíase eco o pasado venres da decisión do Concello de Narón de pechar a piscina municipal no mes de Xullo, así coma do anuncio da imposibilidade de solicitar as axudas para o soterramento das liñas de Alta Tensión pendentes en Narón. [+]


BNG denuncia unha nova chapuza no Goberno local

Dende o goberno local anúncianse as colonias de verán despois de aberto o prazo de inscrición.

Narón, 22 de xuño de 2010.- a prensa local recollía no día de hoxe a presentación,  por parte do edil de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, das colonias de verán en Aldea Nova e Pedroso; anuncio que non tería maior transcendencia se non fora porque,  como ben se recolle na nova, o prazo xa está iniciado dende o pasado día 15. [+]


BNG fai un chamamento á responsabilidade para a gobernabilidade de Narón

Ángeles Díaz mantivo a actitude máis crítica no seo da Comisión Especial de Contratación, Persoal e Especial de Contas.

Narón, 17 de xuño de 2010.- a falla de iniciativas e a situación de parálise na xestión do goberno local naronés víanse reflectidas novamente no desenvolvemento da Comisión Especial de Contratación, Persoal e Especial de Contas. [+]


BNG de Narón solicita a apertura da piscina municipal durante o mes de xullo

Os nacionalistas solicitan a programación de actividades para os nenos e nenas.

Narón, 16 de xuño de 2010.- durante a Comisión de Desenvolvemento da Actividade Social celebrada no día de onte en Narón, o BNG interesábase polo peche da piscina municipal de Narón durante os meses de xullo, agosto e setembro, recollendo así a preocupación de moitos e moitas usuarias que ven limitada a súa oferta de ocio e saúde durante un período que podemos cualificar de excesivo. [+]