Non hai nin un mes, os membros de Terra Galega votaban en contra da proposta que defenden como propia a día de hoxe.
Narón, 14 de xullo de 2010.- a concelleira delegada de Ensino no Concello de Narón, Carmen Espada, anunciaba no día de onte nunha “reunión informal” da Permanente do Consello Escolar Municipal as xestións feitas polo Concello ante a Xunta para tratar de resolver a problemática xurdida para coa xestión dos comedores escolares nos centros de ensino de Narón, ante a negativa das ANPAS de facerse cargo desta a partir do próximo curso.
A decisión unilateral do goberno local de pechar a piscina e a imposibilidade de solicitar as axudas para o soterramento das liñas centran as críticas dos nacionalistas.
Narón, 6 de xullo de 2010.- a prensa local facíase eco o pasado venres da decisión do Concello de Narón de pechar a piscina municipal no mes de Xullo, así coma do anuncio da imposibilidade de solicitar as axudas para o soterramento das liñas de Alta Tensión pendentes en Narón.
Narón, 24 de xuño de 2010.- a Casa Consistorial de Narón acollerá esta tarde unha sesión ordinaria do Pleno Municipal. Fóra da orde do día e se así o decide a maioría dos asistentes, debaterase unha moción presentada pola vía de urxencia por parte do portavoz do BNG.
Os pozos particulares terán que dotarse dun contador para o pagamento do consumo.
Narón, 16 de xullo de 2010.- o vicepresidente da Deputación da Coruña e portavoz do BNG en Narón, Pablo Villamar, compareceu na mañá de hoxe ante os medios de comunicación para anunciar a presentación por parte do grupo nacionalista dunha moción ao respecto do anteproxecto da lei de Augas de Galiza que está a tramitar a Xunta, na que se demanda a súa retirada para a redacción dun novo proxecto que sexa sometido a consulta pública. [...]