Novas
O BNG de Oroso denuncia a situación de abandono que sofre a Urbanización Porto Avieira
Oroso, 21 novembro 2011. O BNG de Oroso presentou hoxe día 21 de novembro un escrito no Concello de Oroso denunciando a situación de completo abandono que sofre a Urbanización de Porto Avieira.
Esta urbanización, recepcionada polo Concello de Oroso no momento en que este era cogobernado polo BNG xunto ao actual alcalde, sofre desde o actual goberno (PSOE) un total abandono, sendo necesario comezar as seguintes actuacións, todas elas promesas electorais dun PSOE de Oroso, que sempre promete pero poucas veces cumpre. [+]
Mitin do BNG en Oroso. A Alternativa que te defende.
Oroso, 12 novembro 2011. O BNG de Oroso celebra un Mitin en Oroso para presentar a Aternativa que te defende.
Mércores 16 ás 20:30 horas no Fernando Casas Novoa.
Falarán:
Diego Boquete. Responsábel Local do BNG de Oroso.
Xosé Manuel Perez. Concelleiro do BNG de Oroso.
Ana Pontón. Deputada do BNG.
Contamos coa vosa asistencia. [+]
Grazas á veciñanza de Oroso.
Oroso, 23 de maio de 2011. Grazas a todas as veciñas e veciños que depositaron a súa confianza no BNG de Oroso.
O BNG de Oroso estará vixiante no incumprimento do programa por parte do PSOE de Oroso.
Oroso terá, despois de moitos anos, unha oposición ao servizo do pobo.
Información de todos os actos do BNG de Oroso nesta campaña electoral
Oroso, 8 de maio de 2011. Aquí tedes os actos principais que imos celebrar durante esta campaña en Oroso.
Podedes seguir o día a día, e outros actos no noso Facebook ou no noso Twitter [+]
Gran éxito do serán de xogos populares do BNG de Oroso
Oroso, 28 de abril de 2011. Gran éxito do serán de xogos populares do BNG de Oroso.
Na tarde de hoxe, xoves 28 de abril, o BNG de Oroso celebrou xunto a numerosas veciñas e veciños de Oroso así como moitísimas nenas e nenos un serán de xogos populares que foi todo un éxito, tanto de asistencia e participación como, e isto é o máis importante, de diversión dos peques do noso Concello.
[+]
Tarde de Xogos Populares
Oroso, 25 de abril de 2011. O Xoves 28 de abril ás 17 horas na praza Isaac Díaz Pardo o BNG de Oroso organiza unha tarde de divulgación dos xogos populares. [+]

