O BNG de San Cibrao propón unha serie de medidas para eliminar de forma definitiva os verquidos ao río Barbaña

San Cibrao das Viñas, 26 de xaneiro de 2010

Ante as continuas e reiteradas verteduras ao río Barbaña é preciso tomar as medidas necesarias co fin de erradicar dunha forma definitiva as verteduras contaminantes.
Tras os últimos acontecementos do pasado xuño do 2009, co resultado de máis de 17.000 peixes mortos, e o máis recente, de principios de xaneiro deste ano, levounos a unha situación de maior gravidade- xa que o río non é quen de asumir tal cantidade de emisións. Polo que debe ser o Concello de San Cibrao o impulsor, desde onde se potencien todas as iniciativas co fin de erradicar dunha vez por todas os vertidos ao río Barbaña, e non comportarse como un suxeito pasivo e inactivo, como ata agora ven acontecendo. Esta situación pode levar a creba económica do Concello, xa que tras a contaminación veñen as multas económicas; como algunha xa anunciada de 450.000 € e as seguintes que poderían chegar.

 

 

 

 O grupo provincial do BNG presentará unha moción sobre a privatización dos centros sociais e a apertura de centros residenciais

Ourense, 26 de xaneiro de 2010

Desde o BNG defendemos o modelo de xestión pública dos centros de día a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galiza que garante, como rede pública galega, o acceso igualitario de todos os galegos e galegas a un servizo de calidade, a través dunha oferta de recursos suficientes e equilibrada territorialmente.

 O BNG do Pereiro demanda internet fóra do horario laboral da biblioteca pública

O Pereiro de Aguiar, 20 de xaneiro de 2010

O pasado ano, o grupo municipal do BNG no Concello do Pereiro solicitoulle á equipa de goberno que ante falta dunha rede wifi con cobertura en todo o territorio municipal, mantivesen aberto o sinal do edificio da biblioteca municipal, antiguo edificio do Concello.

O BNG mostra a súa sorpresa pola publicación de datos dun sumario que os propios afectados descoñecen

Ourense, 28 de xaneiro de 2010

O consello local insta a unha rápida resolución xudicial do caso, ao tempo que critica a lentitude do fiscal instructor  [...]

teletipos

  • O BNG PIDE A MODIFICACIÓN DA POLITICA DE GASTO NO PEREIRO PARA REPARTIR A INVERSION ENTRE AS PEQUENAS EMPRESAS [...]

tele bng