O BNG solicita un plano experimental para a pesca da anguía e a lamprea no fondo da ría

A plena recuperación da ría e dos ríos foi un dos eixos centrais da política que levou a cabo o BNG no Concello de Pontevedra. A separación da rede de fluviais e fecais, a eliminación de verteduras ao río e á xunqueira, o arranxo da galería, o aumento dos bombeos, o saneamento da bacía do Rons, a conexión do matadoiro á rede de saneamento, e dun xeito especialmente significativo, o traslado de Tafisa, deron como resultado unha impresionante rexeneración do río Lérez nun prazo moi curto de tempo.

O Lérez acolle agora importantes cantidades de anguía e lamprea, un feito acreditado polos mariñeiros e mariscadoras a frote que faenan no fondo da ría. Diante desta recuperación, o BNG solicitou no Parlamento que se estude a viabilidade dunha explotación experimental e sustentábel destas dúas especies, co que se xeraría riqueza, postos de traballo e unha diversificación da actividade extractiva.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]