O PP oponse a proposta feita polo BNG de reducir un 5% a asignación económica aos concelleiros por asistencia a plenos e aos demais órganos colexiados.

28 de xuño de 2010. San Cibrao das Viñas.

No pleno extraordinario celebrado hoxe para debater a aplicación do RD polo que se adoptan as medidas extraordinarias para reducir o déficit, o BNG de San Cibrao propuxo que en solidariedade coa redución salarial aplicada aos funcionarios e ao persoal laboral do concello de San Cibrao se reduza un 5% a asignación económica aos Concelleiros por asistencia a plenos Xuntas de Goberno e demais comisións delegadas.

 O BNG demanda a creación dunha rede de tren de cercanías para unir San Cibrao coa cidade.

San Cibrao, 27 de maio do 2010

O BNG presentou no pleno de hoxe unha iniciativa, para a posta en marcha dun tren de cercanías que una a cidade de Ourense coa zona do Parque Tecnolóxico, o resto dos polígonos de San Cibrao e Pereiro  e a futura estación de mercadorías de Taboadela.

Este tren de proximidade beneficiará aos traballadores e traballadoras dos parques empresariais e podrán usalo tamén os veciños e veciñas de pobos como Reboredo, Ponte Noalla, Castroverde....

A esta iniciativa, logramos que se sumasen os restantes grupos políticos, para pedir que  comencen cos pertimentes estudos técnicos para aproveitar a liña do ferrocarril que quedará sen utilidade unha vez que chegue o AVE.

 O BNG solicita a implementación do transporte metropolitano

San Cibrao das Viñas. Abril do 2010.

O BNG defende un transporte metropolitano que sexa útil para os veciños e as veciñas do noso Concello.

É por isto vital que o goberno local lle esixa á Xunta de Galiza o tratamento de concello prioritario, dotándoo de transporte urbano os sete días da semana, debido á súa especificidade por contar cos Polígonos de Barreiros, Industrial e Parque Tecnolóxico, asegurando un grande número de potenciais pasaxeiros que se poden beneficiar.

O BNG aposta por un servizo público de transporte de calidade, que chegue a todos os pobos, polo que debe contar cun número suficiente de liñas e unha periodicidade regular que permita aos usuarios e usuarias realizar as tarefas cotiás na cidade de Ourense.

O BNG solicitará que se solucionen dunha forma definitiva os problemas de tráfico do pobo de San Cibrao

28 de xullo de 2010. San Cibrao das Viñas.

O BNG de San Cibrao ben de solicitar mediante unha moción que se debatirá no pleno de mañán xoves, unha proposta para solucionar de forna definitiva os problemas de tráfico do pobo de San Cibrao, tanto os existentes na Fonteboa como na rúa Principal polo que pedimos que se tomen os seguintes acordos:

 1.- que se encargue a redación dun proxecto, no que se contemple a comunicación da cidade de Ourense cos diferentes pobos, de maneira que para comunicarse non teñan que pasar cos coches polo medio do pobo de San Cibrao.

2.- que mentres non se desenrole o proxecto se tomen as medidas oportunas para regular o tráfico rodado na rúa principal de San Cibrao, así como sinalizar de maneira máis eficiente a comunicación coa A-6  e os polígonos .

3.- que se subsanen as graves deficiencias existentes no hormigón desde a praza ate a rúa fonteboa.

4.- que se tomen as medidas oportunas para regular o tráfico na rúa fonteboa.

 

   [...]

teletipos

  • O BNG solicitará que se solucionen dunha forma definitiva os problemas de tráfico do pobo de San Cibrao [...]

  • O PP oponse a proposta feita polo BNG de reducir un 5% a asignación económica aos concelleiros por asistencia a plenos e aos demais órganos colexiados. [...]

  • O BNG demanda a creación dunha rede de tren de cercanías para unir San Cibrao coa cidade.  [...]

  • O BNG solicita a implementación do transporte metropolitano [...]

tele bng