A papelada invade Silleda novamente en campaña electoral, PP e PSOE pegan carteis indiscriminadamente sen ningún sentido da limpeza e urbanidade.

14 de Novemdro de 2011

O BNG observou novamente logo de facer unha campaña baseada na colocación de bandeirolas propagandísticas onde ordena a xunta electoral, e colocación de carteis unicamente nos puntos municipais de infomación tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias e aqueles negocios que así o permitiron, como tanto o PP como o PSOE volveron encher indiscriminadamente as paredes, valos, marquesiñas, sinais, e demais mobiliario público e privado de carteis, sen o máis mínimo sentido da limpeza urbana.

 O BNG de Silleda realiza un reparto informativo na feira da Bandeira.

14 de Outubro de 2011

O concelleiro do BNG de Silleda Matías Rodriguez Da Torre e un grupo de militantes do BNG de Silleda presentaron ao BNG como a única garantía de que Galiza vaia estar presente en Madrid a partir do 20-N, porque canta máis forza teña o BNG en Madrid mellor lle irá a Galiza.

E é que fronte ás políticas fracasadas de PP e PSOE, hai alternativa, a alternativa galega e de esquerdas que é o BNG.

Matías R. da Torre pide unha maior implicación das Administracións supramunicipais na posta en valor dos Xenerais da Ulla

26 de decembro de 2011

O concelleiro de Cultura e Turismo de Silleda asistiu á reunión de traballo xunto cos representantes doutros sete concellos coa secretaria xeral de Turismo.  [...]

teletipos

tele bng