Xavier Vence Deza naceu en Rodeiro no ano 1961.

Vida académica

  • Desde 1998 até a actualidade é Catedrático de Economía Aplicada da USC.
  • Coordinador do Grupo de investigación ICEDE e do Máster Desenvolvemento Económico e Innovación da USC. Coordenador do Programa de Doutoramento Economía e Empresa.
  • Estudou, con bolsa, a EXB e o bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo e logo realizou a licenciatura de economía na Universidade de Santiago entre 1979 e 1984.
  • Rematou coa tese de licenciatura sobre “Capitalismo e desemprego en Galiza”, publicada por Edicións Xerais en 1986.
  • Realizou estudos de doutoramento en Amiens e Paris en 1986 e 1987.
  • Doutor en Economía Aplicada pola USC en 1989 cunha tese de doutoramento sobre “Cambio tecnolóxico e innovación na industria”.
  • Ao longo da súa traxectoria profesional dirixiu varios proxectos de investigación europeos, estatais e galegos sobre temas de Economía e Políticas de innovación, modelos de financiamento innovación, Crecemento, Desigualdade, Globalización e Neoliberalismo.

Traxectoria no nacionalismo

  • Milita no nacionalismo desde 1977, ano no que entrou en ERGA e da que sería secretario nacional no curso 1980-81. Afiliado e colaborador da CIG dende 1984.
  • Participou na elaboración das propostas económicas dos  sucesivos programas electorais do BNG dende 1997.
  • É membro do Consello Nacional do BNG dende 2012.

Cargos académicos e distincións

  • Membro do Comité de Expertos da Comisión Europea (DG-Regio) en materia de política rexional e asesor para a implementación da Política de Cohesión e das Smart Specialization Strategies.
  • Membro da directiva da EPIP Association (European Policy for Intellectual Property)
  • Vogal da Comisión Executiva da AECR (Asociación Española de Ciencia Rexional)
  • Vogal da Xunta directiva da SEM (Sociedad de Economía Mundial)
  • Director do IDEGA (Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galiza) entre 1991-95.
  • Membro do Grupo de Investigación en Economía y Política de la Innovación (GRINEI) na Universidad Complutense de Madrid.
  • “Honorary Associate Fellow” University of Manchester (PREST and CRIC -Centre for Research on Innovation and Competitivity).1997- 2000
  • Professeur Invité Université Paris-Dauphine. 1999
  • Investigador invitado Università della Sapienza. Roma. 1995.
  • Investigador na Université de Picardie et CRMSI (Centre de Recherche sur les Mutations des Societés Industrielles) de Paris. 1986-87
  • Coordinador da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos (dende outubro 2003).
  • Membro correspondente da Real Academia Galega.

Liñas de investigación

  • Economía de Galiza
  • Economía da Innovación e Servizos
  • Políticas de innovación e Sistemas Rexionais de Innovación
  • Crecemento, desenvolvemento económico e desigualdade
  • Sistemas de financiamento da innovación empresarial
  • Globalización, Neoliberalismo e Crise

Obras e colaboracións na prensa

É membro do Consello de Redacción da revista A Trabe de Ouro e do Consello científico da Revista Galega de Economía e da revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos, Radio Galega, Sermos Galiza e do desaparecido Xornal de Galicia.

Alén das ducias de artículos en revistas científicas, destacan os seus libros en diferentes idiomas:

  • Capitalismo e desemprego en Galicia.
  • Economía de la Innovación y del cambio tecnológico.
  • Wealth from diversity.
  • Industria e innovación.
  • Política tecnológica comunitaria y cohesión regional.
  • Unión Europea y crisis del Estado de Bienestar.
  • O fracaso neoliberal en Galiza.
  • Salarios e custo da vida.
  • Crecimiento y políticas de innovación.

Os libros máis recentes son:

  • Crise e radicalización neoliberal, as alternativas silenciadas (Laiovento, 2011).
  • Crise da Unión Europea Neoliberal, unha alternativa soberanista e democrática (Fundación Galiza Sempre, 2013).
  • An alternative governance for the European Union (CMC, 2013)

Para coñecer máis a fondo a obra de Xavier Vence, non vos perdades o seu blogue.